Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza unha nova actividade dirixida a mocidade lucense: Xogos reunidos


# Mércores, 17/06/2009
Celebraranse todos os xoves de xullo entre as 20:00 e as 22.00 horas na Casa da Música

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, organiza para os xoves do mes de xullo unha nova actividade dirixida á mocidade lucense de entre 12 e 35 anos.

Entre as 20:00 e as 22:00 horas as persoas que se acheguen ata a Casa da Música do Concello de Lugo poderán desfrutar da actividade Xogos Reunidos. Poranse á disposición dos asistentes diferentes consolas de videoxogos.

A entrada para participar nesta nova actividade será totalmente gratuíta.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova