Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 400 rapaces e rapazas participarán no XIX Trofeo de Natación Cidade de Lugo


# Xoves, 18/06/2009
Será o sábado 20 de xuño nas instalacións do Club Fluvial de Lugo

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Responsable da Sección de Natación do Club Fluvial, José María Iglesias, e o Director Técnico de Natación do Club, Jaime López Rego, presentaron a XIX edición do Trofeo de Natación Cidade de Lugo.

Será este sábado 20 de xuño e participarán arredor de 400 rapaces e rapazas, de 14 clubes diferentes, con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos, chegados dende toda Galicia e o Norte de Portugal.

Díaz Grandío, destacou a importancia desta proba “referente na natación galega. Non hai moitas probas que cheguen a unha décimo novena edición” que atraerá á cidade a máis de 2.000 persoas. O Concelleiro destacou o bo traballo feito neste senso polos nadadores de Lugo, e referiuse tamén á importancia de que o deporte lucense siga sendo modélico e conte con entidades colaboradoras “que apostan claramente pola actividade deportiva, a pesar de que a situación económica actual non é boa”.

O trofeo dará comezo o sábado ás 11 da mañá nas instalacións do Club Fluvial de Lugo, e contará tamén con sesión de tarde ás 16.30 horas. Haberá 4 probas, divididas entre as categorías inferiores:

- Benxamín e Alevín, terán 50 mariposa, 50 espalda, 50 braza e 50 libres.

- Infantil, terán 100 mariposa, 100 espalda, 100 braza e 100 libres.

Haberá ademais unha proba de relevos de 6x50 libres.

Cada proba terá unha puntuación que sumada decidirá quen é o campión desta edición do Trofeo lucense.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova