Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O VI Goberno Infantil pecha o seu mandato


# Xoves, 18/06/2009
A corporación constituíuse o 16 de decembro de 2008 con 25 concelleiros

Imaxe Asociada

O VI Goberno Infantil chegou ao final do seu mandato esta mañá cun acto de clausura que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Na despedida desta Corporación estiveron presentes o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro.

A Concelleira de Educación destacou o interese amosado polos Concelleiros infantís no tempo que exerceron o seu mandato e animounos “a seguir mirando pola cidade”. O Goberno infantil estivo formado por 8 áreas de traballo que son Urbanismo, Cultura e Educación, Medio Ambiente, Benestar Social, Deportes, Tráfico e Protección á Comunidade, Cidade rural e Desenvolvemento xuvenil.

Os membros deste Goberno Infantil foron:

Alcalde: Daniel Pérez Murado (Colexio Menéndez Pelayo)
Concelleira de Benestar Social e 1º Tenente de Alcalde: Noelia Rodríguez Varela (Colexio Virxe da Soidade “As Gándaras)
Concelleira de Urbanismo e 2º Tenente de Alcalde: Beatriz Corredoira Rodríguez (Colexio Galén)
Concelleira de Medio Ambiente: Inés Mª Estebainha Magalhaes Pereira Favas (Colexio Quiroga Ballesteros)
Concelleira de Cultura e Educación: Andrea Castro Corredoira (Colegio Illa Verde)
Concelleira de Deportes: Uxía Carreira Sampayo (Colexio Galén)
Concelleira de Tráfico e Protección da Comunidade: Silvia Blanco Yebra (Colexio Quiroga Ballesteros)
Concelleiro de Cidade Rural:Roque Álvarez Corbelle (Colexio Virxe da Soidade “As Gándaras”)
Concelleiro de Desenvolvemento xuvenil: Alberto Lago Barreiro (Colexio Illa Verde)

CONCELLEIROS/AS

Sara Armendariz Barreira (Colexio Virxe da Soidade )
Marta Eiriz Vázquez (Colexio Virxe da Soidade)
Ainhoa Sancosmed López (Colexio Virxe da Soidade)
Iván Corral Novo (Colexio Virxe da Soidade)
Uxía Betanzos Morán (Colexio Illa Verde)
Guillermo Bodelo Díaz (Colexio Illa Verde)
Ainhoa Estremeiro Fernández (Colexio Quiroga Ballesteros)
Juan Atanes Conde (Colexio Quiroga Ballesteros)
Lucís de la Granda Priesto (Colexio Quiroga Ballesteros)
Yaiza Cabaleiro Fernández (Colexio Menéndez Pleayo)
Adrián Figueroa Veiga (Colexio Menéndez Pelayo)
Paula Portela Cabana (Colexio Menéndez Pelayo)
Ana Laura Sordo Díaz (ASPNAIS)
Abel Núñez Saavedra (ASPNAIS)
Manuel Ramón Castelo (CEE Santa. María)
Estefanía Vázquez Argerey (CEE Santa María)

O Alcalde infantil agradeceu a posibilidade que lles brindou o Concello de Lugo de coñecer cómo funciona o pleno. Asegurou que lles permitiu “cumprir coas obrigas como Concelleiros infantís”. Así mesmo, expresou que agardan ver cumpridas as propostas que presentaron ao longo deste meses para construír “unha cidade máis atractiva para os visitantes e ao gusto da xente de Lugo”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova