Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a 4ª proba do Campionato Galego de Automodelismo


# Venres, 19/06/2009
O 20 e o 21 de xuño competirán na cidade pilotos de toda Galicia  

Lugo acolle esta fin de semana, do 20 ao 21 de xuño, celébrase en Lugo a 4ª proba automobilística do Campionato Galego.

Nesta cita participarán pilotos de toda Galicia e, incluso, algún luso. O evento levarase a cabo por parte do club lucense RC-Lugo coa colaboración da Consellería de Deportes do Concello de Lugo.

As categorías participantes serán tres en total, 1/10 Touring Gas, 1/8 Rally Game e 1/5 Gran Escala, todas elas con motores de explosión de dous tempos.

O sábado a pista de radiocontrol do Concello de Lugo, sita no parque de Frigsa, estará aberta a todos os pilotos que queiran entrenar e poñer a punto as súas máquinas.

O domingo a partir das 10:30 está previsto o comezo das mangas clasificatorias que colocarán a cada piloto segundo os seus tempos. De seguido terán lugar as semifinais e as ansiadas finais.

Mais información sobre a proba e sobre o automodelismo lucense en www.rclugo.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova