Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Orozco recibirá o próximo venres en Madrid a Cruz Blanca de la Orden al Mérito do Plan Nacional sobre Drogas


# Venres, 19/06/2009
A encargada de impoñerlle a distinción será a Ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez

O Boletín Oficial do Estado recolle hoxe unha resolución na que se distingue ao Alcalde de Lugo, José López Orozco, coa Cruz Blanca de la Orden al Mérito do Plan Nacional sobre Drogas. O Alcalde recibirá a distinción o próximo venres en Madrid de mans da Ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez.

A resolución recolle que se lle outorga a Cruz Blanca “vistos los méritos de relevancia que concurren en José López Orozco al impulsar la realización del proyecto EU-LAC Alianza de Ciudades en Tratamiento de Drogas destinado a crear alianzas de cooperación entre ciudades de Europa, América Latina y Caribe, liderando la participación de las ciudades españolas en el mismo”. Así, tal e como indican, concédeselle a Cruz ao Alcalde de Lugo “como muestra de público reconocimiento y en agradecimiento a la labor que ha desarrollado en estos años”.

Orixe da Orde

A Orden del Mérito del Plan Nacional sobre Drogas foi creada para recoñecer e premiar a todos os que se fixeran merecedores da gratitude e do recoñecemento da sociedade polo seu esforzo, o seu traballo e a súa capacidade de entrega continuada, solidaria e desinteresada no campo da prevención do consumo e a loita contra o tráfico de drogas.

A Orde ao Mérito ten tres categorías: ouro, prata e cruz branca.

Este ano, a Medalla de Ouro foille concedida a Nora Volkow, Directora do Instituto de Investigación sobre Drogodependencias de Estados Unidos. As Medallas de Prata serán recollidas por Santiago de Torres Sanahúja, Francisco Pérez Pérez, Emilio Baos Arrabal, Bartolomé Barceló Oliver, José María Lombardo Vázquez, Alfonso Demetrio Sánchez López e Luis Alfonso Sanz Marqués.

Estas Medallas concédense, con ocasión do vixésimo aniversario da Fiscalía Especial Antidroga e todos eles cumpriron xa vinte anos ao servizo da Fiscalía Especial Antidroga.

As Cruces Brancas serán recollidas polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, Eduardo Gómez Basterra, Esteban Gutiérrez Ramírez e Manuel Rodríguez González.

A concesión de estas catro Cruces solicitouna a Secretaría de Estado de Seguridade. Outórgaselle a representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que se distinguiron na loita contra o narcotráfico.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova