O Concello de Lugo manifesta a súa máis enérxica repulsa ante o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta mañá Arrigorriaga (Biscaia) no que resultou falecido o inspector de loita antiterrorista do Corpo Nacional de Policía Eduardo Antonio Puelles.
A corporación municipal, en representación do pobo de Lugo, condena rotundamente o atentado, que non ten xustificación posible, e súmase á dor da familia do falecido.
Así mesmo, ratificamos o noso compromiso coa loita antiterrorista e queremos manifestar novamente que apoiamos con decisión a todas as mulleres e homes que dedican todos os seus esforzos á defensa da paz e da liberdade.
A cidadanía de Lugo aposta pola convivencia pacífica, pola tolerancia, o respecto á vida, ás ideas e á liberdade plena. Ningún terrorista poderá silenciar a voz firme e unánime dos lucenses que reclaman a paz.
Unha vez máis sumámonos no mesmo desexo e no mesmo berro de condena: Non ao terrorismo.