Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Gómez Besteiro entrega o premio "Defensa do medio Ambiente e dos Bens Comúns" da Fundación Luis Tilve


# Venres, 19/06/2009
No acto, que se desenvolveu no Pazo de San Marcos, os presentes gardaron un minuto de silencio en repulsa polo atentando de ETA acontecido esta mañá en Bilbao

Este galardón supón un recoñecemento a organizacións e particulares pola defensa dos dereitos dos cidadáns

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este venres o premio “Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns” que a Fundación Luis Tilve concedeu este ano á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA. Gómez Besteiro subliñou que “é un motivo de satisfacción entregar este premio porque en Lugo contamos coa maior diversidade de España, xa que máis do 55% do territorio é Reserva da Biosfera. Pero, ademais, contaremos proximamente coa Reserva da Mariña e que foi apoiada desde a Deputación”.

Antes de dar comezo o acto, as autoridades presentes e os asistentes gardaron un minuto de silencio polo asasinato de Eduardo Pueyes García no atentado de ETA acontecido esta mañá no Concello viscaíno de Arrigorriaga. O máximo mandatario provincial sinalou que “hai días como o de hoxe, con tristeza polo asasinato do policía nacional, pero con notas de alegría como os premios que entregamos referidos a 4 boas iniciativas relacionadas con valores tan importantes que as administracións debemos garantir: o traballo digno, a solidariedade ou incluso o medio ambiente partindo do ben común”.

No encontro tamén participaron o Alcalde, José López Orozco, o Presidente do Xurado dos premios e da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, do ex Presidente do goberno autómico, Emilio Pérez Touriño, a Delegada Provincial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Presidente da Fundación Luis Tilve, Xesús Mosquera Sueiro, e o Secretario da Acción Sindical da UXT Galicia, Eladio Romero, ademais doutras autoridades.

Os premios que se concederon foron catro: “Traballo Digno” que recibiu a Fundación ADCOR; “Acción Solidaria” que recaeu na Fundación ÉRGUETE; Rosa María López González por investigación e divulgación histórica para a xornalista Rosa María López González pola súa publicación “Las memorias olvidadas, los desherederos de la Guerra Civil Española”; e “Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns” que a Fundación Luis Tilve concedeu este ano á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA.

Fundación Luis Tilve

A Fundación Luis Tilve é unha institución con carácter de Fundación recoñecida pola Consellería de Cultura no ano 1.991. Entre os seus obxectivos está fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical; axudar ó estudo e á investigación da historia dos sindicatos, en particular de UXT Galicia; contribuír á investigación da emigración e a inmigración galegas; á formación dos responsables e dirixentes sindicais e da clase traballadora; promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns ademais de fomentar o estudo no ámbito das ciencias sociais, históricas ou xurídicas.

O premio a entregar foi unha escultura do artista César Lombera, realizada en bronce fundido na que aparecen unhas mans entrelazadas sobre unha base de granito. Elixiuse esta figura porque representa todas as actitudes que se pretenden premiar e o espírito dos premios.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova