Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o Torneo 24 horas de Jockey Liña Arde Lucus 2009


# Martes, 23/06/2009
Será entre o 27 e o 28 de xuño no Pavillón Municipal de A Piringalla

Imaxe Asociada

A cidade de Lugo acolle esta fin de semana o Torneo 24 horas de Hockey liña que pon colofón á tempada desta práctica deportiva e que foi presentado esta mañá polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Carlos Ouro, o coordinador da actividade e Alberto Lapido e Iván Ouro.

Nesta proba deportiva participarán seis equipos integrados por xogadores de todas partes de España, dous de Madrid, un de Medina del Campo, outro de Sevilla, de A Guarda e de Lugo.

Segundo explicaron os organizadores del evento a competición comezará o 27 de xuño ás 11:00 horas e se alongará ata as 4.20 da madrugada, retomándose ás 9:15 horas ata as 15:00 horas no momento en que rematará a final do campionato. Todos os partidos terán lugar nas instalacións deportivas do Pavillón de A Piringalla onde a finais do ano pasado se realizou o cambio do pavimento por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico por un importe de 54.185 euros. O Concello instalou esta pista importada de Estados Unidos que foi utilizado nos últimos campionatos do mundo de hockey. Este pavimento é compatible coa práctica doutros deportes, polo que as instalacións continuarán abertas a todos os deportistas que desexen practicar no pavillón.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova