Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio de colaboración con Laboratorios Nupel para o desenvolvemento do Arde Lucus


# Martes, 23/06/2009
A empresa fixo unha achega de máis de 28.000 euros para a celebración da festa


Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa entidade Laboratorios Asociados Nupel S.L. para o desenvolvemento dos espectáculos do Arde Lucus. A sinatura é un reflexo, en palabras do Alcalde, “ de cómo se está involucrando a sociedade no Arde Lucus”.

O Alcalde de Lugo agradeceu a “extraordinaria” colaboración da empresa Nupel para levar a cabo a festa romana, ao tempo que valorou o esforzo que están realizando por involucrarse na vida da cidade.

O convenio de colaboración foi asinado hoxe polo Alcalde e polo xerente da entidade mercantil Laboratorios Nupel S.L., para o desenvolvemento de diferentes actividades de Arde Lucus MMIX, que se realizará durante a fin de semana do 26 ao 28 de xuño e que consiste nunha festa ambientada na época romana.

O convenio recolle a asunción dos gastos derivados das actividades realizadas polo Concello na execución dos espectáculos do Arde Lucus por un importe total de 28.000 euros máis ive. Tal e como explicaron os organizadores, o investimento fixado no convenio permitirá a actuación de tres comparsas musicais que recorrerán as rúas para facer máis amena a festa.

O Concello, pola súa banda, editará os logotipos da entidade nos carteis, programas e revistas realizadas con motivo da festa durante a fin de semanas do 26 ao 28 de xuño de 2009. Os elementos publicitarios terán que ser ambientados na época romana.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova