Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 70 deportistas e adestradores representarán a Lugo nos VIII Xogos do Eixo Atlántico


# Mércores, 24/06/2009
O evento deportivo terá lugar en A Coruña do 5 ao 11 de xullo

Do 5 ao 11 de xullo celébranse en A Coruña os VIII Xogos do Eixo Atlántico no que participarán preto de 3.000 mozas e mozos de Galicia e Portugal e que compartirán un evento deportivo representando ás 34 Cámaras e Concellos que forman parte do Eixo.

Lugo estará representada por 68 deportistas e adestradores. A expedición lucense participará nas seguintes disciplinas deportivas:

  • Baloncesto Masculino
  • Baloncesto Feminino
  • Atletismo Masculino en ruta
  • Atletismo Feminino en ruta
  • Atletismo Masculino en pista
  • Atletismo Feminino en pista
  • Fútbol Masculino
  • Voleibol Feminino

Xa deron comezo os adestramentos das diferentes seleccións que teñen lugar nas diferentes instalacións deportivas do Concello de Lugo.

Os VIII Xogos do Eixo Atlántico arrancarán cun espectacular acto inaugural que terá lugar o domingo 5 de xullo a partir as 17.30 horas no que os máis de 2.000 participantes repartiranse para facer un percorrido pola cidade herculina e que terminará na praza de María Pita, onde terá lugar o acto inaugural coas intervencións das distintas autoridades e a continuación espectáculo de Les Comediants .

Así, do 5 ao 10 de xullo será un tempo de convivencia, diversión, intercambio e lecer entre miles de mozos e mozas do noroeste peninsular que estarán representando aos concellos máis poboados de toda Galicia e o norte de Portugal. Os deportistas participará dun evento que trascende á mera competición para cinguir lazos de cooperación e amizade entre os pobos con realidades sociais diversas.

A vontade da VIII edición é que os mozos e mozas do norte de Portugal e Galicia compartan experiencias nun espazo no que a convivencia deportiva tense que ver influenciada polos apartados sociais, culturais e turísticos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova