Cargando....
Concello de Lugo
16/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana terá lugar a V Feira de San Pedro de Nadela


# Mércores, 24/06/2009
O Concello de Lugo porá un servizo gratuíto de autobuses dende as 9:00 ás 15:00 horas

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e representante da Asociación Carballeira de Nadela, Antonio Abeledo, presentaron hoxe a V Feira de San Pedro.

Zarzuela explicou que esta feira é un día familiar que nos anos anteriores tivo moito éxito de asistencia.

Como noutros anos o Concello colabora co servizo gratuíto de autobuses que sairán dende as 9:00 ata as 15:00 diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes na Avenida de Ramón Ferreiro.

O programa comezará as 9:00 horas coa asignación de postos e a exposición dos produtos do país artesáns, ecolóxicos e tradicionais. A unha da tarde realizarase a recepción das autoridades, que darán unhas palabras de benvida aos presentes.

Á unha e media comezará a sesión vermouth a cargo da orquestra Tropicana, á que seguirá a música con charangas e gaiteiros que amenizarán o resto da xornada. A mesma orquestra protagonizará a festa e verbena a partir das 22:00 horas.

Sobre 17:00 comezarán os xogos populares. Ademais haberá postos con polbo á feira, churrasco, bacallao, lacón e chourizos.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova