Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESIDE A XUNTANZA DA COMISIÓN DE PATRIMONIO HISTÓRICO-CULTURAL DA FEMP


25/6/2009 É  a primeira vez que esta xuntanza ten lugar na cidade de Lugo

A Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) celebrou esta mañá unha xuntanza na Casa do Concello de Lugo.

Presidida polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Comisión contou coa participación do Alcalde do Concello de Peñaranda de Bracamonte, Isidro Rodríguez Plaza, o Alcalde de Mérida, José Ángel Calle Gragera, a Alcaldesa de Calaceite, Rosa María Domenech Vidal, o Tenente Alcalde de Cartes, Ricardo García, e a Concelleira de Cultura, patrimonio Arqueolóxico e Muller de Cartagena, Rosario Montero Rodríguez.

O Alcalde de Lugo e o tenente alcalde de Cartes, e a Concelleira de Cultura de Cartagena, deron conta dos asuntos tratados nesta xuntanza na que se trataron temas de interese para as cidades que patrimonio.

Nesta comisión aprobouse a colaboración co Ministerio de Vivenda para a creación dun posible marco regulador que facilite os procesos de rehabilitación e renovación urbanas. O Alcalde explicou que “se trata de que os municipios mostremos a nosa experiencia, as nosas ordenanzas, a nosa lexislación para que se teña en conta o noso día a día, co fin de que se coñeza a nosa realidade”.

Os membros da FEMP tamén recibiron información sobre a Comisión para o estudo e preparación do Anteproxecto de Lei do Patrimonio Histórico e decidiuse a colaboración entre a Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural e a Comisión de Deputacións para potenciar a axuda á redacción de proxectos destinados á mellora e conservación do Patrimonio.

Por outra banda analizouse o cumprimento do Código Técnico da Edificación en vigor dende o ano 2006, e que está en relación co suministro de auga quente sanitaria nos edificios singulares. O Alcalde explicou que existen unha serie de esixencias por parte deste Código que contradiín ás ordenanzas dos Concellos ou á propia Lei do Patrimonio, polo que aprobamos facer un estudo para revisar qué aspectos poden ter interferencias coa boa conservación do Patrimonio Histórico”.

A Comisión aprobou tamén a realización dunha acción formativa que baixo o título Nuevos usos de patrimonio que terá lugar entre o 20 e 30 de setembro en Madrid. Ademais, deuse conta de que o grupo de traballo do Patrimonio Histórico- Cultural da FEMP, está a estudar os problemas que se viven a diario para levar despois os seus informes ás distintas institucións, como poden ser os problemas do deseño das sinais de tráfico causantes algún tipo de distorsión visual ao Patrimonio.