Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde destaca que a concertación anunciada para Galicia polo Ministro de Fomento garante a chegada do AVE a Lugo ao igual que ás demais cidades galegas


# Xoves, 25/06/2009
López Orozco sinala que hoxe “é un gran día para Galicia e tamén para Lugo”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco destacou esta mañá que a concertación de preto de 4.700 millóns de euros anunciada para Galicia polo Ministro de Fomento, José Blanco, garante a chegada do AVE a Lugo, ao igual que ás demais cidades galegas.

López Orozco sinalou que hoxe “é un gran día para Galicia e tamén para Lugo”, xa que se demostra “pola vía dos feitos” que a concertación é o futuro. Así mesmo, manifestou ter “plena confianza” no Ministro de Fomento e no acordo acadado co presidente da Xunta na reunión que ambos os mandatarios mantiveron a pasada tarde en Madrid.

“Hoxe temos financiamento e prazos e a seguridade de que teremos o AVE en Lugo ao igual que as demais cidades e capitais galegas”, destacou.

Neste sentido, o Alcalde de Lugo explicou o interese porque a concertación continúe, tal e como vén manifestando o Ministro de Fomento coa cidade, como fixo a pasada semana co convenio de colaboración asinado entre o Concello e o Ministerio. Unha concertación que, tal e como explicou López Orozco, “agardamos que prosiga tamén na Xunta de Galicia” cos Concellos da comunidade.

Segundo o Alcalde de Lugo, o Ministro de Fomento deu onte o mellor exemplo de cómo hai que facer política a través do logro de obxectivos comúns “porque independentemente de quen sexan as administracións, o importante son os cidadáns”, concluíu.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova