Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Nacional sobre Drogas premia ao Alcalde de Lugo coa Cruz Blanca de la Orden al Mérito


# Xoves, 25/06/2009
O acto de entrega desta distinción terá lugar mañá venres no Ministerio de Sanidade e Política Social en Madrid

Mañá venres, 26 de xuño, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, será distinguido en Madrid coa Cruz Blanca de la Orden al Mérito do Plan Nacional sobre Drogas de mans da Ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez.

A condecoración honra os méritos do Alcalde ao impulsar a realización do proxecto EU-LAC Alianza de Ciudades en Tratamiento de Drogas destinado a crear alianzas de cooperación entre cidades de Europa, América Latina e o Caribe, liderando a participación das cidades españolas no mesmo. Así, tal e como indicou a publicación do galardón no Boletín Oficial do Estado, concédeselle a Cruz ao Alcalde de Lugo “como mostra de público recoñecemento e en agradecemento á labor que ven desenvolvendo nos últimos anos”.

O recoñecemento e condecoración dos que se fan merecedores da gratitude e honra da sociedade polo seu esforzo, o seu labor e capacidade de entrega solidaria, continuada e desinteresada no campo da prevención do consumo e a loita contra o tráfico de drogas é o obxectivo da Orden del Mérito del Plan Nacional sobre Drogas.

Outros premiados

Os premios da Orde ao Mérito teñen tres categorías: ouro, prata e cruz branca, que se conceden con motivo do vixésimo aniversario da Fiscalía Especial Antidroga e todos eles cumpriron xa vinte anos ao servizo da Fiscalía Especial Antidroga.

Este ano, a Medalla de Ouro foille concedida a Nora Volkow, Directora do Instituto de Investigación sobre Drogodependencias de Estados Unidos. As Medallas de Prata serán recollidas por Santiago de Torres Sanahúja, Francisco Pérez Pérez, Emilio Baos Arrabal, Bartolomé Barceló Oliver, José María Lombardo Vázquez, Alfonso Demetrio Sánchez López e Luis Alfonso Sanz Marqués.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova