Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo e o Ministro de Planificación de Costa Rica manifestan o seu interese por establecer lazos entre os dous territorios


# Luns, 29/06/2009
López Orozco recibiu a Roberto Gallardo na Casa do Concello


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa do Concello ao Ministro de planificación e Desenvolvemento de Costa Rica, Roberto Gallardo Núñez, que está a visitar Galicia.

Ambos os dous mandatarios manifestaron o seu interese por establecer lazos culturais e comerciais entre Lugo e o país caribeño para dar a coñecer que pode ofrecer cada un dos territorios.

Despois de asinar no Libro de Ouro da Cidade, o Alcalde e o Ministro mantiveron no Salón de Comisións un encontro con David Balsa, Presidente da Conferencia Eurocentroamericana, e o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero , o Presidente da Cámara de Comercio,Alfredo Mosteirín, a presidenta de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, e o Presidente de Xóvenes Empresarios, Santiago Seijas.

Gallardo indicou que “Costa Rica ten o propósito de empezar a establecer lazos particulares en cada unha das rexións descubrir as particularidades de cada unha delas e facer evidentes as fortalezas que ten o meu país como destino de inversión e turístico, por iso imos a organizar un encontro en Galicia no que van a participar autoridades de Costa Rica e representantes dos sectores empresariais”.

Pola súa banda, o Alcalde agradeceu a estancia do Ministro na cidade e manifestou o seu desexo de que frutifiquen os contactos que está a realizar en Galicia.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova