Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A OMIC fai públicas as súas recomendacións para a tempada de rebaixas de verán


# Martes, 30/06/2009
A campaña comeza mañá 1 de xullo de 2009

Mañá mércores, día 1 de xullo, comeza en Lugo de xeito oficial, a segunda tempada de rebaixas do ano.

As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.

Esta mesma normativa establece só dúas tempadas de rebaixas anuais, no mes de xaneiro e na etapa estival. A duración das mesmas terán un máximo de dous meses e nos anuncios deberá especificarse a data de comezo e de finalización.

É imprescindible que o negocio en rebaixa faga figurar con claridade o prezo anterior xunto co prezo reducido. Os artigos obxecto da venda tiñan que estar antes á venda e durante un prazo mínimo dun mes. Ademais, está prohibido ofertar, como rebaixados, artigos deteriorados.

Por tanto, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Lugo recomenda aos cidadáns unha serie de medidas a ter en conta durante este período:

  • Cando compre, esixa sempre o tique de caixa ou factura.
  • Asegúrese de que a calidade do produto é igual á de antes das rebaixas.
  • Dado que o etiquetado é a única referencia acerca da calidade, non compre produtos sen etiquetar ou que non detallen a súa composición na etiqueta.
  • Comprobe, na medida do posible, que o prezo é realmente inferior ao anterior ás rebaixas.
  • Recorde que os establecementos que acepten habitualmente tarxetas de crédito, están obrigados a aceptalas tamén durante as rebaixas, sempre e cando o comerciante non poña un cartel anunciando o contrario.
  • Se advirte algunha irregularidade reclame ante os servizos de consumo locais ou autonómicos.

Oficina Municipal del Información al Consumidor - OMIC




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova