Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha expedición lucense ascenderá o Monte Ararat en Turquía


# Martes, 30/06/2009
Os montañistas deixarán na súa cima unha réplica da Muralla de Lugo

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente do Club de Montaña Mustallar, Juan Tei, presentaron unha nova expedición que levarán a cabo sete deportistas lucenses, cinco homes e dúas mulleres.

A expedición partirá o vindeiro 3 de xullo rumbo Estambul, para ascender o monte Ararat de 5.137 metros. Trátase do pico máis alto de Turquía, sendo un volcán inactivo coa súa cima cuberta de neves perpetuas. Ten unha circunferencia de 30 quilómetros e a súa última erupción data do ano 1840.

O presidente do club lucense explicou que tal e como conta a lenda que esta montaña é case sagrada, xa que o Antigo Testamento dicía que ao final do diluvio universal a Arca de Noé asentouse na cima do Monte Ararat.

Juan Tei indicou que a expedición durará un total de 10 días: 6 de escalada e 4 de traslado.

Este club lucense ten como costume deixar nas cimas que coroan unha maqueta da Muralla de Lugo e nesta ocasión farán o mesmo, o que Díaz Grandío considerou como “unha forma de promocionar a nosa cidade e o noso Patrimonio Mundial”.

O Concelleiro de Deportes desexoulle á expedición lucense o maior éxito na súa ascensión ao monte Ararat.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova