Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE NA CASA DO CONCELLO Á SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO SUB-20


30/6/2009 O equipo estivo concentrado na cidade antes de competir nun torneo internacional

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta tarde na Casa do Concello aos xogadores e técnicos da selección española de baloncesto sub-20 que estivo concentrada estes días na cidade.

Os xogadores, que proveñen de todas as zonas do país, comentaron ao alcalde que durantes estes días de traballo antes de viaxar a Roma o vindeiro xoves para participar nun torneo internacional, tiveron tempo de coñecer a festa do Arde Lucus.

O Alcalde desexoulles os maiores éxitos na súa andanza deportiva e manifestou a enorme afición coa que conta o baloncesto na cidade de Lugo.

López Orozco recibiu como agasallo unha camiseta firmada por todos os xogadores do equipo. Pola súa banda, o Alcalde entregou aos técnicos da selección unha réplica da Mosqueira e un pin da Muralla a cada un dos xogadores.