Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 100.000 exemplares poranse á venda na XVIII Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo


# Mércores, 01/07/2009
A feira estará instalada no fondo da Praza Maior do 4 ao 19 de xullo

O Concello de Lugo organiza un ano máis unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo que estará instalada no fondo da Praza Maior do 4 ao 19 de xullo en horario de 11.00 a 14.00 horas, polas mañás e de 17.30 a 21.30 polas tardes.

Nesta feira, recuperada pola Concellería que dirixe Concepción Burgo, participarán libreiros de distintas provincias españolas: de Galicia, Asturias, León, Valencia e Madrid.

O número de exemplares que se porán á venda, será de máis de 100.000 , entre libros antigos, vellos, de saldo e de ocasión. Ademais, haberá revistas, xornais, carteis publicitarios, documentacións profesionais, cómics… Todos estos documentos estarán á venda nos dez postos da feira: La Voz de la Verdad (Lugo), Solpor (Vigo), Maxtor (Valladolid), Libros Pariente (Rueda), Al Tossal (Valencia), Cajón de Sastre (Ponferrada), Pedro de la Puente (Madrid), Bibliomanía (Madrid), Personajes (Asturias) e Camino de Santiago (León). A feira tamén contará cun servizo de información na caseta de Secretaría.

Dentro do gran número de materiais expostos, poderanse atopar curiosidades bibliográficas editadas nos séculos XVII e XVIII, primeiras edicións de libros de autores dos séculos XIX e inicios do XX (Rosalía, Curros, Valle Inclán, Pardo Bazán, Baroja, Alberti, Neruda, Gómez de la Serna, ) e documentacións profesionais, carteis, prensa e revistas, todo tipo de materiais impresos, cartas postais, mapas, papel moeda, facsímiles e libros de ocasión que polo seu prezo, poden constituír unha boa equipaxe para as vacacións de verán e para fondo de biblioteca, así como unha excelente ocasión para os coleccionistas e bibliófilos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova