Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
20/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

El Ayuntamiento comienza diferentes actividades organizadas para el verano


# Miércoles, 01/07/2009
El Tai-Chi al aire libre cuenta todos los años con muy buena acogida por parte de los lucenses

Hoxe comeza a actividade de Tai-Chi ao aire libre organizada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais dentro da Programación Sociocultural de Verán. Esta actividade xa se celebrou en anos pasados e recibiu unha exitosa acollida entre os lucenses.

Este verán, o Tai Chi ao aire libre impártese os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 horas no Parque de Rosalía, e os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas no Parque da Milagrosa.

Esta disciplina milenaria non ten ningunha contraindicación médica polo que está recomendada para persoas de todas as idades. A súa práctica favorece a elasticidade corporal, a coordinación de movementos e o sentido do equilibrio, ademais de fomentar a serenidade.

Para poder participar non é preciso inscrición previa, ademais é unha actividade aberta ao público e gratuíta. Os interesados en asistir só teñen que presentarse nas clases con roupa e calzado cómodo e con vontade de relaxarse.

Ademais, comezan as actividades organizadas polo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias organizados para a mocidade lucense. Dende hoxe, e ao longo do mes de xullo os luns e mércores das 19:30 ás 21:30 horas mozos e mozas de entre 12 e 25 anos poderán participar no Centro Social Díaz Castro nas clases de baile nas que aprenderán diferentes estilos musicais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva