Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo de alma romana volverá a sorprender a lucenses e visitantes este verán


# Xoves, 02/07/2009
As visitas teatralizadas terán lugar os venres, sábados, domingos e festivos de xullo, agosto e setembro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Un ano máis a máxica historia das visitas teatralizadas chega a Lugo para amosar os encantos da cidade a lucenses e visitantes. Lugo de alma romana contará cun percorrido no que o público seguirá á personaxe de Froilán dende a praza do Campo, pasando pola Praza de Santa María, Praza Maior ata o tramo peonil da Ronda da Muralla.

Esta nova edición das visitas foi presentada esta mañá pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo e Santiago Pérez Carrera, productor do espectáculo. A Concelleira explicou que este percorrido conta cunha visión literaria e poética da cidade pero tamén ofrece ao público datos históricos de Lugo ao longo de todos estes séculos.

Os 66 pases da quinta edición das visitas teatralizadas, que comeza mañá venres 3 de xullo, farán que lucenses e visitantes poidan sorprenderse coas súas historias e personaxes nesta viaxe na que a protagonista é a cidade de Lugo. As visitas teatralizadas permitirán que o Concello de Lugo continúe coa súa política de levar a cultura á rúa para facela accesible a toda a cidadanía e encher as rúas lucenses de iniciativas artísticas durante boa parte do ano.

Os pases terán lugar os venres, sábados, domingos e festivos de xullo, agosto e setembro no seguinte horario:

  • Venres: ás 19:00 horas e ás 21:00 horas
  • Sábado: ás 13:00 horas, ás 19:00 horas e ás 21:00 horas
  • Domingo: ás 13:00 horas.

A duración das visitas será de 60 minutos e as entradas serán a 4 euros para os adultos e 2 para os nenos. Poderase recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo da visita.

Dende  o Concello agardase que esta iniciativa teña tan boa acollida como en anos anteriores, no 2008 contou cuns 5.000 espectadores. A historia de Lugo, da cidade bimilenaria, convertida en guión teatral recibiu ao longo destes anos moi boas críticas por parte de numerosos medios de comunicación de toda España que se fixeron eco da proposta, así mesmo tivo moi boa acollida entre a cidadanía lucense, verdadeira coñecedora da vida diaria da cidade e gran partícipe das propostas municipais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova