Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus alcanza o cuarto posto no ranking de www.7mejores.es


# Xoves, 02/07/2009
A festa lucense contou este ano con máis de 460.000 visitantes

As festas de Arde Lucus organizadas pola Concellería de Xuventude alcanzaron xa o cuarto posto do listado da páxina web www.7mejores.es na que se elixen os mellores festexos de España.

A celebración na que se recrea o pasado romano, ocupa o cuarto lugar despois das festas de San Juan de Soria, San Juan del Monte de Miranda de Ebro e das Fallas de Valencia; e por diante de festas de renome como a de Moros e Cristiáns de Alcoy ou o Carnaval de Cádiz.

O éxito do Arde Lucus viuse na súa última edición celebrada a pasada fin de semana e que reuniu na cidade a máis de 460.000 persoas. Ao longo de tres días, lucenses e visitantes desfrutaron desta festa que ten xa un gran recoñecemento, e que se viu reflexado no interese amosado polos medios de comunicación nacionais e doutras comunidades autónomas.

Dende o Equipo de Goberno reitérase o agradecemento á cidadanía lucense polo modo no que se volcan ano tras ano na festa e que a está a levar ao máis alto deste ranking.

Web Arde Lvcvs


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova