Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo mantén o seu ofrecemento de limpeza do adarve da Muralla para o disfrute dos lucenses e os turistas


# Venres, 03/07/2009
* López Orozco pídelle á Xunta que reconsidere a súa actitude, tendo en conta o estado no que se atopa o monumento

Imaxe Asociada Conservación da Muralla

* Así o manifestou logo dunha xuntanza de traballo co grupo parlamentario do PsdeG-PSOE ao que lle trasladou os problemas da cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manifestou hoxe a súa sorpresa ante a negativa do Goberno Galego de permitir que o Concello leve a cabo a limpeza do adarve da Muralla de Lugo, tendo en conta o seu estado. A pesar da resposta da Dirección Xeral de Patrimonio, que o Alcalde coñeceu a través dos medios de comunicación, López Orozco mantén o seu ofrecemento e insta ao Goberno autonómico a que “cambie de actitude” para que a Muralla estea limpa para o disfrute dos lucenses e os turistas.

Así mesmo, o Alcalde de Lugo manifestou o seu pesar pola decisión adoptada polo Executivo autonómico “cando se lles ofreceu toda a colaboración de xeito gratuíto”. Neste sentido, explicou que o Concello “sigue aberto” a que reconsideren a súa resposta e, de ser así, declarou, “ao día seguinte comezaremos a limpeza do adarve da Muralla”.

López Orozco reiterou o seu ofrecemento para conseguir unha mellora do estado do monumento que se acometería polo Goberno Local de xeito gratuíto, mediante medios manuais e baixo a supervisión dos técnicos que estimen.

Así o trasladou o Alcalde de Lugo esta mañá logo dunha xuntanza na Casa do Concello co Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, encabezada polo portavoz do grupo socialista Xaquín Fernández Leiceaga e na que tamén estiveron presentes os parlamentarios lucenses, Ismael Rego, Sonia Verdes, Concepción Burgo, Ricardo Varela e Tomé Roca.

A reunión forma parte dunha serie de encontros que está a levar a cabo o grupo parlamentario do PsdeG-PSOE para coñecer os problemas e suxestións dos Concellos galegos e apoiar na Cámara galega aqueles temas que sexan competencia da Xunta. Así, o Alcalde de Lugo agradeceu a colaboración amosada polo Grupo Parlamentario, ao tempo que manifestou o seu interese por recibir a todos os grupos políticos, sempre que estes o desexen.

O Alcalde de Lugo trasladoulles os temas prioritarios para a cidade que pasan pola apertura do novo Hospital, a terceira fase do plan Paradai, o saneamento da zona rural, o parque empresarial das Gándaras, o futuro do Museo da Romanización ou a colaboración en materia de Escolas Infantís.

Trátase, segundo explicou López Orozco, de “problemas que nos preocupan e que contarán, tal e como nos trasladaron hoxe, coa colaboración do grupo socialista que os apoiará e defenderá” na súa acción no Parlamento galego.

Pola súa banda, Xaquín Fernández Leiceaga destacou que as reunións establecidas cos Concellos teñen como obxectivo percibir mellor as sensibilidades e preocupacións dos cidadáns e mellorar a súa acción parlamentaria a prol dos intereses dos cidadáns galegos.

Así, expúxolle ao Alcalde de Lugo o seu interese en que todos os proxectos se poñan en marcha “canto antes”, polo que se comprometeu co seguimento dos temas e o traslado das iniciativas remitidas polo Goberno Local ao Parlamento.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova