Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese ao público a XVIII Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo


# Sábado, 04/07/2009
Do 4 ao 19 de xullo poránse á venda máis de 100.000 exemplares no fondo da Praza Maior


A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández Maira, inauguraron esta mañá a Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo que estará instalada no fondo da Praza Maior dende hoxe 4 de xuño ata o día 19 en horario de 11.00 a 14.00 horas polas mañás, e de 17.30 a 21.30 polas tardes.

Nesta feira participan un total de dez postos de distintas comunidades españolas:
- La Voz de la Verdad (Lugo),
- Solpor (Vigo)
- Maxtor (Valladolid)
- Libros Pariente (Rueda)
- Al Tossal (Valencia)
- Cajón de Sastre (Ponferrada)
- Pedro de la Puente (Madrid)
- Bibliomanía (Madrid)
- Personajes (Asturias)
- Camino de Santiago (León).

O número de exemplares que se poñen á venda será de máis de 100.000. O público poderá atopar libros antigos, vellos, de saldo e de ocasión, así como revistas, xornais, carteis publicitarios, documentacións profesionais, cómics…

Os amantes da lectura poderán atopar curiosidades bibliográficas editadas nos séculos XVII e XVIII, primeiras edicións de libros de autores dos séculos XIX e inicios do XX (Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Valle Inclán, Pardo Bazán, Pío Baroja, rafael Alberti, Neruda, Gómez de la Serna, ) e documentacións profesionais, carteis, prensa e revistas, todo tipo de materiais impresos, cartas postais, mapas, papel moeda, facsímiles e libros de ocasión.

Esta feira convértese ano tras ano nunha excelente ocasión de compra para coleccionistas e bibliófilos, así como para o público en xeral que poden atopar libros a moi bo prezo cos que ocupar o seu tempo de lecer durante o verán.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova