Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A contratación do servizo de subministro eléctrico por parte da Xunta de compras á empresa Fenosa posibilitará un aforro ao Concello de 69.500 euros


# Venres, 03/07/2009
Trátase dun contrato temporal que prevé unha reducción dos custos derivados da subministración eléctrica

A Xunta de compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo autorizou a contatación do servizo de subministro eléctrico á empresa Fenosa o que posibilitará un aforro ao Goberno Local de 69.500 euros con respecto ao exercicio anterior.

Trátase dunha contratación temporal á espera da sinatura do convenio para subministración de enerxía eléctrica de baixa tensión na que traballa o Concello.

De seguir co contrato actual, o Concello tería que asumir un sobrecusto dun 5% que se incrementaría nun 5% máis trimestralmente. Así, o Concello decidiu optar pola contratación temporal coa empresa Fenosa por ser a que presentaba unha mellor oferta económica.

Coa contratación de Fenosa, o Concello consigue reducir o 5% aplicable ás empresas que presentan un consumo superior aos 10 kW de potencia, ao tempo que recibe unha oferta da empresa subministradora do 6%, co cal o aforro total ascende ao 11% sobre un consumo de 6.570.753 euros anuais.

A Xunta de compras validou así mesmo, a realización de obras de mellora e mantemento do CEIP Sagrado Corazón e do de Paradai, valoradas en 20.702 euros. Suporán o pintado de aulas, levantado de solado de madeira para a súa subsitución por solado cerámico e colocación de corcho en aulas. Ademais, realizaranse obras nos vestiarios e nas zonas adxacentes do campo de fútbol do Polvorín por importe de 14.417 euros.

Así mesmo, adxudicáronse un total de 5.689 euros para a execución de dous rebaixes na beirarrúa, rampa e ensanchamento de beirarrúa en Lamas de Prado, esquina Aquilino Iglesias Alvariño.

A Xunta de compras ven de encargar por un importe de 5.220 euros (o resto correspóndelle á propietaria do inmoble) a redacción do proxecto de rehabilitación dos elementos comúns do edificio de Cantiño 7 para o uso posterior da pranta baixa co obxectivo de abrir o tramo de paseo interior da Muralla. Esta actuación supón un paso máis no Plan Urban.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova