Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A adxudicación da peonización de Frigsa que ven de autorizar o Concello supón a última obra do FEIL


# Luns, 06/07/2009
O número de contratos ao abeiro do FEIL no municipio de Lugo supera xa o millar

A mesa de contratación celebrada onte polo Concello de Lugo propuxo a adxudicación da última das obras do FEIL: a peonización de Frigsa. A obra presenta un investimento que ascende a 687.000 euros e foille proposta á construtora Antalsis. A empresa adxudicataria ofertou 50 contratos de traballo. Esta obra forma parte dos 79 proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) que permitirá converter este parque nun espazo de desfrute para os veciños.

O proxecto ten como obxectivo converter este espazo público nun lugar de desfrute para a xente, que sexa un espazo verdadeiramente público e sen tráfico. Unha vez rematada esta primeira fase, subvencionada polo FEIL, o Concello daralle continuidade con financiamento propio ou doutras administracións.

Con este último procedemento de contratación finalizado, o número de contratos ao abeiro do FEIL no municipio de Lugo supera xa o millar, concretamente 1.014. Destes, 257 correspóndense con novos contratos de traballadores que se atopaban en situación de desemprego.

O FEIL
A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro, está a xestionar este ano máis de 6.500.000 euros de fondos para realizar melloras en todos os barrios da cidade atendendo ás necesidades de cada un deles. Unha boa parte deste orzamento provén dos fondos do Fondo Estatal de Investimento Local que supoñen un total de 4.955.741 euros para a realización de 19 proxectos.

Reflexo do FEIL nos datos do paro
A eficaz xestión dos fondos FEIL polo Concello de Lugo está a reflectirse nas cifras do paro. Así, desde o mes de marzo o paro diminuiu en 823 persoas no Concello. Trátase do terceiro mes consecutivo no que se produce un descenso do paro en Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova