Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan os campamentos urbanos de Verán en Lugo!


# Luns, 06/07/2009
Continúa aberto o prazo para participar nos vindeiros catro campamentos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitou hoxe aos rapaces que están a participar no primeiro dos cinco campamentos urbanos do programa Verán en Lugo! organizados polo Concello de Lugo, a Deputación Provincial, a Fundación de Feiras e Exposicións e Gaia Animación.

Ao longo das xornadas desta actividade os rapaces e rapazas achegaranse ao contorno que os rodea a través dos xogos, contacontos, obradoiros e saídas. Ademais persiguirase que os cativos e cativas cheguen a coñecer o medio que os rodea, a repercusións que teñen nel as súas actuacións, a través de simulacións e accións directas, incluíndo un aspecto científico á actividade. Os nenos e nenas realizarán tamén excursións, actividades deportivas, etc.

A Concelleira explicou que este programa, dirixido a rapaces de entre 4 e 12 anos, pretende facilitar ás familias que traballan un espazo no que os seus fillos e fillas poidan disfrutar para conciliar a vida laboral e familiar.

Os campamentos terán lugar de 8:00 ás 20:00 horas nas instalacións do Parque de Frigsa. Neste emprazamento celebraranse as actividades dos campamentos que terán lugar nas seguintes datas:

- Do 6 ao 17 de xullo
- Do 20 ao 31 de xullo
- Do 3 ao 14 de agosto
- Do 17 ao 28 de agosto
- Do 31 ao 11 de setembro

O custo dos campamentos é de 195 euros, e no caso das familias con máis dun fillo contarán cun desconto do 10% no segundo, que será do 15% a partir do terceiro. O prazo de presentación de solicitudes será ata cubrir o número de prazas. Para obter máis información pódese chamar ao número de información cidadá 010.

Por outra banda, a Concelleira lembrou que tamén están a ter moi boa acollida as actividades programadas polo Concello nas Ociotecas e Aulas Abertas dos Centros de Convivencia Municipais. Estes centros posibilitan a pais e nais deixar aos seus fillos realizando diferentes actividades como xogos populares, traballos manuais, expresión corporal, teatro, contacontos, saídas ao exterior, etc.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova