Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Parque de Rosalía de Castro acollerá tres concertos organizados por Lugo Cultural ao longo do mes de xullo


# Luns, 06/07/2009
O concerto inaugural deste ciclo será o 15 de xullo da man de Christina Rosenvinge

O Convenio Lugo Cultural, que integra o Concello de Lugo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia, celebrará este verán unha nova edición do programa ‘Entre Lusco e Fusco’, co que se pretende recuperar paraxes naturais como espazo escénico para a música.

Os concertos terán lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro. Serán un total de tres actuacións que se celebrarán no mes de xullo e que combinarán diferentes estilos. O primeiro será o próximo mércores 15 a cargo de Christina Rosenvinge.

Seguirá o día 22 a actuación de Oh Trío, con Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín; o 29 actuará Nordestinarrobas, con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade. Todos os concertos, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova