Imprimir

O PARQUE DE ROSALÍA DE CASTRO ACOLLERÁ TRES CONCERTOS ORGANIZADOS POR LUGO CULTURAL AO LONGO DO MES DE XULLO


6/7/2009 O concerto inaugural deste ciclo será o 15 de xullo da man de Christina Rosenvinge

O Convenio Lugo Cultural, que integra o Concello de Lugo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia, celebrará este verán unha nova edición do programa ‘Entre Lusco e Fusco’, co que se pretende recuperar paraxes naturais como espazo escénico para a música.

Os concertos terán lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro. Serán un total de tres actuacións que se celebrarán no mes de xullo e que combinarán diferentes estilos. O primeiro será o próximo mércores 15 a cargo de Christina Rosenvinge.

Seguirá o día 22 a actuación de Oh Trío, con Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín; o 29 actuará Nordestin@s, con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade. Todos os concertos, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas