Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O equipo de Goberno presentará no vindeiro Pleno unha moción para pedir á Xunta de Galicia a gratuidade dos libros de texto


# Martes, 07/07/2009
O obxectivo é acadar un sistema educativo universal, de calidade e gratuíto

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, anunciou esta mañá que o equipo de Goberno levará ao próximo pleno do Concello de Lugo unha moción para que se adopte un acordo en base a que a educación constitúe un dereito básico e universal de toda a cidadanía. Así que insta á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo anterior Goberno da Xunta de Galicia, na procura dun sistema educativo universal, de calidade e gratuito para todos e todas.

A Concelleira indicou que “os que defendemos a implantación na sociedade de dereitos cidadáns universais, ao igual que defendemos un modelo de sanidade pública universal e gratuíto, tamén defendemos un sistema educativo público de calidade, universal e gratuíto para todos e todas”; e engadiu que a Sanidade, a Educación, o sistema de pensións e a Lei de Dependencia son os piares do chamado Estado de Benestar, todos eles dereitos universais irrenunciables sobre os que non debemos tolerar un paso atrás”.

“Sabemos que o Partido Popular sempre creu máis nos sistemas de beneficencia que nos dereitos dos cidadáns, polo que están a dar un paso atrás sen parangón en materia de dereitos cidadáns”, subliñou.

Durante o mandato do anterior Goberno da Xunta de Galicia a gratuidade dos libros de texto era para o 100% do alumnado; mentras que o Goberno de Núñez Feijoo ofrece unha gratuidade só para o 22% do alumnado suprimindo a mesma para o 78%. O actual Goberno subvenciona únicamente ao 30% quitándolle todo tipo de axudas ao 48% do alumnado.

O modelo de gratuidade implantado e baseado no sistema de préstamo, é un modelo consolidado en numerosas Comunidades Autónomas e avalado pedagoxicamente polos profesionais docentes e pola maioría das nais e pais de alumnos-as e das súas organizacións, tendo que citar expresamente á CONFAPA en Galicia. Resáltanse as bondades deste sistema polos valores que inculca ao alumnado de solidariedade, respecto, aprecio polo material colectivo, ecolóxicos, etc., ademais do propio valor que representa o acceso de todos e todas gratuitamente aos libros de texto.

Durante o anterior goberno, Galicia foi a comunidade autónoma coa “volta máis barata ao cole”, segundo reflicten estudos das organizacións de consumidores, como por exemplo o Informe FUNCAS. Esta cuestión cobra actualmente un maior valor se temos en conta a crise internacional pola que estamos a atravesar e que afecta tamén ao noso país.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova