Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo porá en marcha a partir de mañá o foto-rojo co que pretende aumentar a seguridade viaria na Ronda da Muralla


# Martes, 07/07/2009
O Alcalde salienta que o mecanismo busca a concenciación cidadá en materia de tráfico

Imaxe Asociada Presentación
O Concello de Lugo porá en marcha a partir de mañá o foto-rojo, un mecanismo de control semafórico co que pretende rexistrar as conductas irregulares dos conductores e aumentar así a seguridade viaria na zona da ronda da Muralla, á altura da gasolinera, onde foi instalado. Tal e como explicou o Alcalde de Lugo, José López Orozco, unha vez o tráfico na zona estea regulado e descenda o número de infraccións, o foto-rojo pode ser ubicado noutros emprazamentos nos que se detecten conductas irregulares dos conductores.

O sistema permite detectar a todos aqueles que salten os semáforos en vermello o que conleva unha sanción de 150 euros. O foto-rojo leva en período de probas desde o pasado 17 de xuño, data desde a que se rexistraron un total de 3.902 infractores ata onte.

Neste sentido, López Orozco explicou que espera que esta medida colabore na sensibilización ante este tipo de conductas dos conductores e que as infraccións se vexan reducidas con respecto ao período de proba.

A partir de mañá o foto-rojo terá un carácter sancionador, polo que todo aquel que pase un semáforo en vermello, recibirá a correspondente sanción. Tal e como explicou o Alcalde, o foto-rojo non se instala cunha finalidade recaudatoria, senón que se pon en marcha para concienciar aos conductores sobre unha conducción segura e responsable.

Ademais da sanción, aqueles que incurran nunha infracción retiraránselle 4 puntos do seu carné de conducir.

En breve o Concello porá en marcha os rádares que colaborarán, xunto co foto-rojo, na diminución das infracción en materia de seguridade viaria.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova