Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo agradece o cambio de postura da Xunta con respecto da limpeza da Muralla


# Martes, 07/07/2009
O director xeral de Patrimonio trasladoulle esta mañá que os traballos de acondicionamento do monumento comezarán o vindeiro luns

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradece o cambio de postura da Dirección Xeral de Patrimonio que esta mañá lle comunicou ter reconsiderado a súa decisión con respecto á limpeza da Muralla, que comezarán a acometer o vindeiro luns.

López Orozco mostra a súa “satisfacción” ao saber que desde a Xunta de Galicia e logo das súas reclamacións, o Goberno galego adianta a limpeza da Muralla ao próximo luns, baixo a supervisión dun técnico e cos medios técnicos precisos, tal e como lle comunicou esta mañá o director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel.

O Alcalde de Lugo manifestou a súa alegría porque “non caera en saco roto a petición feita desde a Alcaldía” na que se instaba á Xunta a acometer a limpeza da Muralla ou autorizar ao Executivo Local a limpar o adarve, tendo en conta o estado no que se atopa.

López Orozco subliña que “é unha boa noticia, non só para o Alcalde, senón para o conxunto dos lucenses e para todos aqueles que se ofreceron a colaborar”. Manifestou a súa satisfacción porque a Xunta de Galicia atendera as peticións do Goberno local e decidisen adiantar a limpeza da Muralla e ofrecer así a súa mellor cara aos veciños e veciñas de Lugo


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova