Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recorda que está dentro do prazo legal para contestar as preguntas formuladas pola oposición


# Mércores, 08/07/2009
O Executivo Local dispón aínda de varios días para remitir as súas respostas

O Concello de Lugo recorda que se atopa dentro do prazo para contestar as preguntas formuladas pola oposición nos pasados días. Así, atendendo ao regulamento, a contestación por escrito ás preguntas deberá realizarse dentro dos 15 días seguintes á súa presentación no rexistro do Pleno, aínda que este prazo pode prorrogarse, a petición motivada do destinatario ou destinataria da pregunta e por acordo do Presidente ou Presidenta do Pleno, por outro prazo de ata vinte días máis.

Tendo en conta o anterior, e posto que todos os concelleiros solicitaron unha prórroga das súas respostas ao presidente do Pleno, o Equipo de Goberno atópase dentro do prazo legal para darlles contestación, posto que a primeira batería foi presentada o 11 de xuño e a segunda o día 19 do mesmo mes.

Así mesmo, o Concello de Lugo considera que a formulación das preguntas podería corresponder cun caso de filibusterismo da política municipal, polo que espera que desde a oposición non se intente paralizar os servizo do Concello con temas dos que xa son coñecedores e nos que estiveron presentes como mesas de contratación ou xuntas de compras.

O Concello seguirá mantendo a súa máxima de transparencia acorde coa súa xestión democrática e dentro da legalidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova