Imprimir

COMEZA A FUNCIONAR O SISTEMA FOTO-ROJO NA RONDA DA MURALLA


8/7/2009 O obxectivo do Concello é aumentar a seguridade viaria na zona

O Concello de Lugo porá en marcha a partir das 12 da noite de hoxe o sistema de control semafórico foto-rojo co que pretende rexistrar as conductas irregulares dos conductores e aumentar así a seguridade viaria na zona da ronda da Muralla onde foi instalado.

O equipo de Goberno pretende que esta medida colabore na sensibilización das malas conductas ao volante e que pouco a pouco se vaian reducindo as infraccións e, consecuentemente, os perigos para a ciadanía.

O sistema permite detectar a todos aqueles que salten os semáforos en vermello o que conleva unha sanción de 150 euros e unha retirada de 4 puntos, ainda que o Goberno Local agarda que neste senso se manteñan os índices publicados pola DXT segundo os cales os conductores da provincia de Lugo foron os que máis puntos recibiron como premio: un 79´8% dos condutores gañaron 2 puntos. Lugo é a provincia máis beneficiada pola medida.

Dende o Concello recórdase que o foto-rojo non se instala cunha finalidade recaudatoria, senón que se pon en marcha para concienciar aos conductores sobre unha conducción segura e responsable.

En breve o Concello porá en marcha os rádares que colaborarán, xunto co foto-rojo, na diminución das infracción en materia de seguridade viaria.