Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os deportistas lucenses están a acadar grandes éxitos nos VIII Xogos do Eixo Atlántico


# Mércores, 08/07/2009
O evento deportivo estase a celebrar na Coruña

Os deportistas lucenses que están a participar na Coruña nos VIII Xogos do Eixo Atlántico están a acadar importantes premios nesta competición na que participan preto de 3.000 mozas e mozos de Galicia e Portugal.

Lugo está representada por 68 deportistas e adestradores. A expedición lucense obtivo os seguintes resultados nas seguintes disciplinas deportivas:

- Baloncesto Masculino xogou os seguintes partidos:

      Lugo               34  -  A Coruña    34
      Lugo               26  -  Santiago     33
      Vilagarcía       44  -  Lugo           44

- Baloncesto Feminino anotou 58 puntos frente os 17 de Barcelos.

- Atletismo Masculino: o terceiro posto.

- Atletismo Feminino: o primeiro posto.

- Fútbol Masculino gañou os dous partidos desputados frente Pontevedra e Vigo.

- Voleibol Feminino: gañou tamén os dous partidos frente A Coruña e Vigo.

Os deportistas lucenses están a participar nunha experiencia de convivencia, diversión, intercambio e lecer entre miles de mozos e mozas do noroeste peninsular. Trátase dun evento que trascende á mera competición para cinguir lazos de cooperación e amizade entre os pobos con realidades sociais diversas.

A vontade da VIII edición é que os mozos e mozas do norte de Portugal e Galicia compartan experiencias nun espazo no que a convivencia deportiva tense que ver influenciada polos apartados sociais, culturais e turísticos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova