Os deportistas lucenses que están a participar na Coruña nos VIII Xogos do Eixo Atlántico están a acadar importantes premios nesta competición na que participan preto de 3.000 mozas e mozos de Galicia e Portugal.
Lugo está representada por 68 deportistas e adestradores. A expedición lucense obtivo os seguintes resultados nas seguintes disciplinas deportivas:
- Baloncesto Masculino xogou os seguintes partidos:
Lugo 34 - A Coruña 34- Baloncesto Feminino anotou 58 puntos frente os 17 de Barcelos.
- Atletismo Masculino: o terceiro posto.
- Atletismo Feminino: o primeiro posto.
- Fútbol Masculino gañou os dous partidos desputados frente Pontevedra e Vigo.
- Voleibol Feminino: gañou tamén os dous partidos frente A Coruña e Vigo.
Os deportistas lucenses están a participar nunha experiencia de convivencia, diversión, intercambio e lecer entre miles de mozos e mozas do noroeste peninsular. Trátase dun evento que trascende á mera competición para cinguir lazos de cooperación e amizade entre os pobos con realidades sociais diversas.
A vontade da VIII edición é que os mozos e mozas do norte de Portugal e Galicia compartan experiencias nun espazo no que a convivencia deportiva tense que ver influenciada polos apartados sociais, culturais e turísticos.