Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A cuarta edición dos Vellos Oficios Vivos achegará o traballo dos artesáns á cidadanía ao longo dos meses de verán


# Xoves, 09/07/2009
As demostracións terán lugar todos os sábados entre o 11 de xullo e o 12 de setembro

Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou o programa dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais de Verán en Lugo elaborado pola súa Concellería e que comezarán este sábado, día 11 de xullo, coa demostración dos traballos tradicionais da pedra, do barro da Ribeira Sacra, o fío e as fibras vexetais. Na presentación da cuarta edición desta programación Burgo estivo acompañada polo cordinador da actividade, Carlos Vázquez.

Esta actividade desenvolverase, como ven sendo habitual ao longo destes meses estivais,  ata o sábado 12 de setembro, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 14:30 horas pola mañá, e entre as 16:30 e as 20:30 horas pola tarde.

É o cuarto ano que se desenvolve esta actividade que contará nesta edición con preto de 32 artesáns, nove deles participan por primeira vez neste programa.

Como indicou a Concelleira o obxectivo desta actividade é difundir e promocionar os sistemas de traballo seculares que empregan estes artesáns para elaborar os seus produtos. Durante os sábados dos meses de xullo, agosto e setembro exhibirán a súa destreza cesteiros, palilleiras, torneiros, ferreiros, zoqueiros... todos representantes dun estilo de traballar que forma parte da nosa tradición. Burgo suliñou que “dende o Concello queremos colaborar para que non se perdan, xa que son oficios que se manteñen de pais a fillos e que sería unha perda moi importante dende o punto de vista cultural”.

A Concelleira destacou o atractivo turístico que supoñen estas demostracións no centro da cidade e a interacción que se produce ente o artesán e o público: conversacións, talleres, venda de productos, etc. Estas demostracións permitirán que o Concello de Lugo continúe coa súa política de levar a cultura á rúa para facela accesible a toda a cidadanía e encher as rúas lucenses de iniciativas artísticas durante boa parte do ano.

A maiores, este ano serán diversas asociacións sociais da cidade as que participarán visitando aos artesáns e vendo como traballan.

Preparativos do San Froilán

Por outra banda, a Concelleira de Cultura e Turismo indicou que se continúa a traballar para a elaboración do programa do San Froilán 2009. Burgo adiantou que entre os concertos previstos para as festas patronais xa está pechada a actuación do cantautor asturiano Nacho Vegas, unha das figuras máis destacadas do underground español. O músico ofrecerá o seu concerto o día 8 de outubro na Praza de Santa María.

Esta actuación súmase a xa anunciada de Fuxan os Ventos o luns 12 de outubro na Praza Horta do Seminario.

A Concelleira explicou que o equipo de Goberno pretende seguir a facer un programa para todos os gustos.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova