Imprimir

O ALCALDE DE LUGO E A CONSELLEIRA DE TRABALLO INAUGURAN O CENTRO DE DÍA ANTONIO GANDOY QUE CONTARÁ CON 50 PRAZAS PARA PERSOAS DEPENDENTES


10/7/2009 * López Orozco recordou que Lugo é a cidade española que máis inviste en gasto social

* O Alcalde da cidade trasladoulle a súa colaboración ao Goberno autonómico ao que lle pediu o seu compromiso con Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, inauguraron esta mañá o Centro de Día Antonio Gandoy, integrado nas dependencias do Centro de Convivencia Maruja Mallo. O centro aberto hoxe contará con 50 prazas para persoas dependentes. No acto, participaron ademais, o presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, autoridades do Goberno galego, así como os representantes dos grupos políticos municipais e varios concelleiros.

Priviamente, o Alcalde de Lugo, acompañado polos voceiros dos grupos políticos con representación no Concello, recibiron á Conselleira na súa primeira visita institucional ao Concello.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo explicou que o novo centro, situado no Carril das Hortas, supón unha mellora notable na calidade da atención e os sevizos prestados aos nosos maiores. Así, López Orozco recordou que Lugo é a cidade española na que máis se inviste en gasto social, tal e como evidencian os numerosos servizos de benestar social postos en marcha na cidade.

Así mesmo, López Orozco agradeceu á achega do Goberno galego ao proxecto, “sen a cal tería sido imposible”, ao tempo que manifestou a súa colaboración coa Conselleira á que lle pediu o seu compromiso con Lugo para poder levar a cabo outras iniciativas como as escolas infantís, “axuda sen a cal o Concello non poderá sufragar os gastos”. “O que atopará en Lugo é colaboración e cooperación co obxectivo de atender o mellor posible á xente”, destacou o Alcalde. Neste sentido, Beatriz Mato, trasladou que desde o Goberno a colabroación “será constante”.

Instalacións
O Centro de Día Antonio Gandoy contará cunhas intalacións modernas, con todas as comodidades e servizos solicitados polos usuario. Así, disporá de servizo de cociña, de transporte, comedor, aula de animación sociocultural, sala de relax e dunha sala de terapia ocupacional.

Ademais, o centro, no que o Concello de Lugo investiu 900.000 euros a través do Plan Concertado de Servizos Sociais, contará con preto de 20 persoas ao servizo dos maiores, entre os que se atopará un médico.

O horario de apertura será de 8,30 a 20,30 horas de luns a sábado e os domingos de 11,00 a 18,00 horas.