Imprimir

O CONCELLO DE LUGO RESPECTA O DEREITO Á MANIFESTACIÓN DOS AGRICULTORES E PIDE Á CIDADANÍA QUE DISCORRAN CON NORMALIDADE


10/7/2009 O equipo de Goberno aprobou no último pleno unha moción de apoio ao sector agrario ante a situación que atravesa

O Concello de Lugo apoia decididamente ao sector agrario que segue a ser un eixo de vital importancia na economía galega e, xa que logo, na cidade de Lugo e a súa provincia. Neste sentido, o Concello ven de apoiar no último pleno do 29 de xuño unha moción na que se instaba ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia a:

- Garantir a recollida do leite producido en Galicia.

- Establecer axudas directas aos produtores do leite, para compensar o baixo prezo do leite en orixe, en tanto non se recuperen os prezos de mercado.

- Garantir a continuidade da industria transformadora existente en Galicia e en concreto na provincia de Lugo.

Así mesmo, unha vez coñecida a intención dos agricultores da provincia de manifestarse nos próximos días -entre o luns e o venres-, o Concello de Lugo respecta o dereito de manifestación dos agricultores, ao tempo que lle pide á cidadanía de Lugo que comprendan as molestias que poida ocasionar na cidade. Neste sentido, o Concello de Lugo pide a máxima colaboración dos manifestantes para manter a orde e a normalidade na cidade os días sinalados. Espera que todo transcorra con normalidade e que os cidadáns de Lugo poidan desenvolver as súas actividades como ven sendo habitual na cidade.