Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O servizo de Vigilancia e Salvamento Acuático do Concello de Lugo traballa desde hoxe nas áreas fluviais


# Venres, 10/07/2009
O obxectivo deste corpo de seguridade é evitar accidentes nas zonas de baño habituais e realizar labores de limpeza do Miño

Imaxe Asociada Servizo de Vigilancia e Salvamento Acuático

O servizo de Vixilancia e Salvamento Acuático do Concello de Lugo empezou a funcionar nas áreas fluviais do municipio. Este servizo foi presentado polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, quen explicou que o obxectivo do mesmo é evitar accidentes nas zonas de baño habituais, e actuar nos casos que sexan precisos.

O servizo que o Concello pon en marcha cada mes de xullo e permanece en activo ata o mes de outubro leva acabo tamén labores de limpeza do río Miño. Ademais controlan calquera indicio de contaminación que puidera afectar ás augas. Neste sentido, o Concelleiro fixo un chamamento ao civismo para que axuden a protexer as augas do río Miño e que non se tire lixo nelas, xa que cada ano o Servizo de Protección Civil do Concello retira do fondo deste ben natural numerosos obxectos como carriños de nenos ou bicicletas, entre outras cousas.

Para o equipo de Goberno resulta fundamental o labor de vixilancia, rescate e salvamento no río xa que o importante é a seguridade da cidadanía. Por iso, ao longo dos meses de verán e mediante un convenio coa Consellería de Traballo, reforzáronse as actuacións de prevención mediante a contratación de 6 traballadores que están nas zonas habituais de baño durante toda a semana -tamén festivos- desde as 8:30 horas da mañá e ata as 21:30 horas da noite, ata mediados de outubro.

Pero ao longo dos meses de inverno, o corpo de Protección Civil do Concello tamén traballa nesta zona realizando operativos de prevención en todas as probas deportivas acuáticas mediante persoal en terra e embarcacións, actuando en moitos casos en colaboración coa Cruz Vermella e o equipo GEAS da Garda Civil. No caso de mortes por afogamento, rastréxase o río para a localización dos cadáveres.

O Concello inviste anualmente máis de 12.000 euros para realizar todas estas tarefas nas que conta con:

- Un vehículo todoterreo.

- Dúas embarcacións neumáticas semirríxidas de 4 metros de lonxitude cun motor foraborda de 25 cabalos e un remolque de transporte e un kayak de salvamento.

- Seis equipos de respiración autónoma para mergullarse, un desfibrilador automático, unha padiola flotante tipo neno, un colchón de baleiros, un taboleiro espiñal, etc.

- Pequeno material como: prismáticos, profundímetro, cámara fotográfica dixital, cámara submarina de observación, mirafondos, GPS. para posicionamento, compás, caixas de primeiros auxilios e de osíxenoterapia, padiolas de pas, extintor de 6 Kg, e roupa de protección, como traxes de neopreno de 5 e 7 mm de grosor, aletas, anteollos para mergullarse e vestiario completo e prendas de protección persoal.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova