Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dá a coñecer os gañadores do certame de pintura rápida ao aire libre no que este ano participaron 85 persoas


# Domingo, 12/07/2009
Na categoría de adultos participaron 79 persoas, 12 máis que o ano pasado e 6 na xuvenil, o dobre da edición anterior

O Concello de Lugo celebrou hoxe a novena edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. Na edición deste ano participaron un total de 85 persoas, 79 adultos, 12 máis que o ano pasado e 6 nenos, o dobre do ano anterior. Estes datos confirman, tal e como salientaron o Alcalde de Lugo. José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, na entrega de premios, a consolidación dun certame no que “ano tras ano participan máis persoas”.

Ao igual que o ano pasado delimítouse o espazo que podían ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla, para facilitar aos viandantes a localización dos artistas e que puidesen velos traballar.

Premios na Categoría adultos:

• 1º Premio de 1.700 euros e diploma. Francisco Jiménez Castro.

• 2º Premio de 1.200 euros e diploma. Javier Gómez Quintana.

• 3º Premio de 900 euros e diploma. Diego Manuel Fernández González.

• Sete accésits de 600 euros e diploma:

           A Julio Gómez Mena
           A Carlos Espiga Alonso
           A Jesús Rodríguez de la Torre
           A Carlos Sosa Gómez
           A José Luis Pérez López
           A Gabriel Casarrubios Martín
           A Carlos Seijo Canosa

Ademais mantívose o premio especial de 500 euros para un artista local, nado ou residente en Lugo, o que non é compatible coa obtención doutros premios. Foi para Miguel del Castillo Ferrero.

Categoría xuvenil:

E na categoría xuvenil a Eva Carballeira Rubiñal o primeiro premio (bono de 400 euros e material de pintura e diploma) e por decisión do xurado accésit a Lorena Docasar Vázquez, Jesús Fernández Guaza, Nerea Fernández Álvarez e Mª Victoria Mascarell Pardo.

As inscricións realizáronse hoxe mesmo no Departamento de Cultura do Concello. O certame comezou ás nove da mañá e as obras entregáronse ás cinco da tarde ante o xurado.

Como todos os anos a temática das obras tiña que estar relacionada con Lugo, cun estilo e técnica libres.

Unha vez rematado o concurso, as obras poderán verse nunha exposición que se manterá aberta ata o día 17 de xullo no Centro Social Uxío Novoneyra de 16:00 a 21.00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova