Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Piñeiro destaca a importancia e a necesidade das obras de Ramón Ferreiro nas que o Concello está acometendo unha renovación dos servizos


# Luns, 13/07/2009
A actuación recolle un investimento de preto de 694.000 euros


Imaxe Asociada

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, destacou esta mañá a importancia e necesidade das obras que o Concello está acometendo na rúa Ramón Ferreiro que inclúen unha renovación de servizos. A obra forma parte do Plan E e inclúe un investimento de preto de 694.000 euros. Foron iniciadas o pasado mes de xuño e, segundo o previsto, estarán rematadas en decembro do presente ano.

Na súa intervención, José Piñeiro explicou que esta actuación é “tan necesaria como calquera” e forma parte das máis de 300 obras que se están a levar a cabo nas rúas da cidade nas que se están a renovar os servizos. Neste sentido, referiuse á renovación e mellora dos servizos nos barrios da cidade que xa acada o 40%.

A obra da rúa Ramón Ferreiro recolle a renovación da rede de abastecemento que discorre polas beirarrúas e a renovación do pavimento de beirarrúa. Así mesmo, contempla a rexeneración do pavimento da calzada.

Traballo continuo

O Concelleiro de Infraestruturas manifestou a súa sorpresa porque o Partido Popular estea en contra das obras, ao tempo que se preguntou “que terán os señores do PP en contra da xente de Ramón Ferreiro para non querer que se acometan as melloras”. Na opinión de Piñeiro, o que realmente lles molesta é que se fagan obras, que se traballe a diario, de xeito continuo na mellora da cidade, no mantemento e renovación dos servizos.

Así, José Piñeiro destacou que se trata dunhas obras “necesarias e imprescindibles” nunha das arterias fundamentais da cidade, de acceso ao centro e pola que transitan numerosos vehículos. A actuación, responde, ademais, tal e como explicou, ao plan de anticipación e previsión do Concello a través do cal se irán renovando de xeito paulatino todas as redes de abastecemento antes de que poidan orixinar problemas.

Neste sentido, o Concelleiro recordou que as obras “están sendo realizadas por técnicos moi competentes, empresas serias e responsables que saben o que fan e actuarán do xeito correcto”.

Avaría en Mestre Soutullo

En relación coa avaría producida o sábado nunha das tuberías da rúa Mestre Soutullo, o Concelleiro de Infraestruturas expuxo que se tratou dunha avaría normal que desgraciadamente afectou ao garaxe dun dos inmobles.

Así, explicou que os servizos xurídicos valorarán os danos para fixar responsabilidades. Así mesmo, a tubería danada foi reparada de xeito inmediato, ao igual que se actuou no garaxe afectado.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova