Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Os arqueiros da escola lucense de tiro con arco acadan grandes éxitos no XXXIV Campionato Galego ao Aire Libre


# Luns, 13/07/2009
Jorge Alfonso Fernández e Pedro Carballo proclamáronse Campión Cadete e Subcampión Veterano, respectivamente

O Tiro con Arco lucense acadou unha gran vitoria nos XXXIV Campionatos Galegos de Tiro con Arco ao aire libre celebrados durante esta fin de semana na localidade de Paiosaco do Concello da Laracha.

Nesta competición, disputada baixo o formato de Serie FITA (90,70,50 e 30 metros), acadouse un gran éxito da man do novo cadete do Club da Escola Lucense de Tiro con Arco Jorge Alfonso Fernández López, quen liderou a serie FITA (70, 60,50 e 30 metros) con 1118 puntos, e despois de imporse en semifinais, por 12 puntos de vantaxe, chegou á final xunto ao naronense Rodrigo Fernández. Ambos arqueiros ofreceron un rifado e emocionante espectáculo de tiro con arco, xa que despois de celebrarse as obrigatorias catro entradas de tres frechas a 60 metros chegouse con empate a 107 puntos. E tras a primeira frecha de desempate, tamén a 60 metros, Jorge Alfonso impúxose por 8 a 7 ao de Narón.

Pero este non foi o único resultado destacado dos mencionados campionatos, xa que o tamén lucense, do Lucus Augusti, Pedro Carballo López cultivou un brillante subcampionato na categoría de Veteranos ao perder na final, despois de acabar primeiro na serie FITA, co arqueiro das Pontes, Adriano Besoa.

Tamén obtiveron uns destacados resultados na serie FITA os seguintes deportistas lucenses:

  • Antonio Sanfiz Xordo. (Lucus Augusti) 4º Posto Recurvo Senior Caballero
  • Jaime Santamaría Fernández. (Lucus Augusti) 6º Posto Recurvo Senior Caballero
  • José Mª Castiñeira Fernández. (CampusArco) 11º Posto Recurvo Senior Caballero
  • Alfonso Fernández Villamiel. (Escola Lucense) 19º Posto Recurvo Senior Caballero
  • Gabriela Sanfiz Buján. (Lucus Augusti) 4º Posto Recurvo Senior Dama
  • Inmaculada Vázquez Abuín. (Escola Lucense) 6º Posto Recurvo Senior Dama
  • Ana Torrón Díaz. (Escola Lucense) 7º Posto Recurvo Senior Dama
  • Carlos J. Sánchez Márquez (Escola Lucense) 6º Posto Recurvo Cadete Caballero
  • Daniel Vázquez Torrón (Escola Lucense) 8º Posto Recurvo Cadete Caballero

O Campionato contou coa presenza de preto de 100 arqueiros e arqueiras de toda Galicia.

Os bos resultados alcanzados por arqueiros e arqueiras pertencentes a tres dos clubs lucenses mostra o bo traballo realizado polos mesmos. Así mesmo é de destacar o labor da Escola Deportiva Municipal de Lugo de Tiro con Arco, xa que a maioría dos deportistas arriba destacados adestran na mencionada escola, que nestas datas ten un programa estival moi completo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova