Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo fai un chamamento ao respecto das normas de circulación


# Luns, 13/07/2009
O equipo de Goberno pide prudencia aos condutores unha vez coñecidos os datos do foto-rojo

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, fixo hoxe un chamamento á cidadanía para que tome consciencia da necesidade de respectar as normas de seguridade viaria, xa que dende que se puxo en marcha o sistema de Foto-Rojo na Ronda da Muralla rexistrouse unha media de 50 infractores ao día.

Segundo a Concelleira “a estas cifras de sancións haberá que descontar as dos servizos de emerxencia como son as ambulancias e bombeiros, pero aínda así cremos que é preciso insistir en que os condutores deben circular con precaución e respecto ás normas”.

O equipo de Goberno quere lembrar a todos os condutores que o foto-rojo xa está en funcionamento e que incumprir a norma acarrea unha sanción de 150 euros e a perda de 4 puntos do carné de conducir. Pero, ademais, sobrepasar o semáforo en vermello pode acarrear un problema moito maior como é o de poñer en perigo a vida das persoas nunha zona na que xa tiveron lugar varios accidentes e atropelos, algúns deles mortais.

O obxectivo do Goberno local é que este novo sistema colabore na sensibilización das malas condutas ao volante para reducir as infraccións e os perigos para a cidadanía. “Por todo isto pedímoslles aos condutores prudencia na condución e o respecto ás normas” explicou Méndez e engadiu que “o foto-rojo non se instala cunha finalidade recaudatoria, senón que se pon en marcha para concienciar aos condutores sobre unha condución segura e responsable”.

En breve o Concello porá en marcha os radares que colaborarán, xunto co foto-rojo, na diminución das infracción en materia de seguridade viaria.

Se os datos se manteñen, o Concello non descarta aumentar a sensibilización coa posta en marcha de diferentes medidas educativas en seguridade viaria.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova