Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visita o novo campo de béisbol de Lugo


# Martes, 14/07/2009
A nova instalación, mellora e aumenta as instalacións deportivas da cidade, contou cun investimento de 354.000 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, visitaron esta mañá o campo de béisbol municipal, unha instalación deportiva situada no Ceao que contou cun investimento de 354.000 euros.

No investimento para a construción desta nova instalación inclúese a urbanización que da acceso ao campo de béisbol e de fútbol, o alumeado, os vestiarios e a instalación de céspede artificial na parte central do campo.

Coa posta en marcha desta instalación deportiva o Concello cumpre coas necesidades dun bo número de rapaces e rapazas de Lugo amantes desta actividade. Así mesmo, o Concello continúa co seu compromiso de mellorar e aumentar as instalacións deportivas da cidade, o que se pode ver noutras obras financiadas polo FEIL como a ampliación da piscina de Frigsa, o novo ximnasio ou a mellora das pistas de tenis municipais.

Tal e como destacou o Alcalde, o campo de béisbol “é unha mostra máis do apoio do Goberno Local co deporte de base da cidade”. Neste sentido, subliñou que o Concello de Lugo se marca como obxectivo que todas e todos os deportistas lucenses conten con instalacións de calidade nas que practicar deporte.

López Orozco animou ademais aos rapaces que estaban a entrenar no novo campo de béisbol a convencer aos seus amigos a practicar este deporte, xa que ademais de facer exercicio permite á mocidade disfrutar dunha experiencia de convivencia única.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova