Imprimir

OS VECIÑOS E VECIÑAS DE LUGO DISFRUTAN DUNHA NOVA ZONA DE LECER NA PRAZA DAS ILLAS


14/7/2009 O Alcalde e o Concelleiro de Medio Ambiente visitaron a reforma do xardín que inclúe unha zona de xogo para os máis cativos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, visitaron esta mañá a reforma da Praza das Illas no barrio de Montirón.

López Orozco indicou que “o obxectivo do Goberno Local é o disfrute de todos os veciños e veciñas de Lugo, por iso adecuouse este espazo no que descansar e no que xogar, co que se pretende reforzar a convivencia na rúa, o intercambio, a vida no espazo exterior e urbano”.

A reforma do xardín respectou as árbores existentes, dotándoo de rego automatizado, paseos de firme estabilizado, parterres con plantas vivaces e arbustos. Así mesmo, colocáronse 15 bancos, 4 papeleiras, unha fonte de beber, acondicionáronse as entradas con novas escaleiras de granito e construíuse unha rampa de acceso para minusválidos.

O Alcalde explicou que o xardín ocupa unha superficie total de 1.200 metros cadrados, dos que 300 están destinados aos xogos infantís. Esta zona dedicada aos máis cativos conta cunha base de céspede artificial e pavimento continuo de seguridade, dous columpios, un para nenos de 0 a 6 anos, dúas torres multidisciplinares, e dous muelles. Tamén se instalou unha barandilla de aceiro inoxidable na parte dos xogos, lindante con dúas rúas.

Na execución desta obra tívose en conta a mellora da accesibilidade, para facilitar o acceso das persoas con discapacidade e a aos carriños dos bebés.

O obxectivo do Goberno local con esta actuación é a de proporcionar á cidade dunha nova zona verde e urbana, apta para o descanso e o xogo dos máis novos. Trátase dunha acción máis do equipo de López Orozco para dotar de servizos aos cidadáns, ofrecéndolles espazos ao aire libre nos que pasar o seu tempo en compañía dos demais. Un espazo de lecer integrado na cidade do que poderán disfrutar todos os públicos.

Este proxecto contou cun orzamento total de 127.080 euros.