Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concerto de Christina Rosenvinge o mércores abre o ciclo "Entre Lusco e Fusco" de Lugo Cultural


# Martes, 14/07/2009
Os concertos deste ciclo terán lugar no anfiteatro do Parque de Rosalía de Castro

O concerto de Christina Rosenvinge abrirá este mércores 15 o programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra ao Concello de Lugo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia. Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celebraranse varias actuacións musicais co obxectivo de recuperar zonas naturais como espazo escénico para a música.

Por isto, os tres concertos deste ciclo terán lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro e celebraranse no mes de xullo, combinando diferentes estilos. O primeiro será o de Christina Rosenvinge, ás 21:00 horas, que interpretará temas do seu disco Tu labio superior.

A artista, que estará acompañada dunha banda formada por amigos americanos, Steve Shelley, Chirs Brokaw, Jeremy Wilms e Charlie Bautista, volta neste traballo ás estruturas pop dos seus discos dos 90. Desde 1994 non volvera publicar un álbum completo en castelán.

Os concertos continuarán o día 22 coa actuación de Oh Trío, con Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín; e o 29 actuará Nordestinarrobas, con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade.

Todos os concertos, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas. No caso de choiva, as actuacións celebraranse no Auditorio Gustavo Freire, para o que sairían autobuses desde o Instituto Lucus Augusti ás 20:30 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova