Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde reitera o seu apoio ao dereito á manifestación dos agricultores


# Mércores, 15/07/2009
López Orozco pide á cidadanía lucense comprensión ante as molestias que poidan ocasionar a folga do sector na cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reiterou esta mañá a solidariedade e apoio do Concello de Lugo ao sector agrario, como fixera en anteriores ocasións, que segue a ser un eixo de vital importancia na economía galega.

López Orozco expresou os eu desexou de acadar unha solución, “xa que temos que darnos conta das importancia que ten no noso Produto Interior Bruto a produción gandeira nesta provincia”. O Alcalde lembrou ademais “o drama familiar que pode ser para os gandeiro o de traballar nunha explotación que non sexa viable”.

“É necesario rematar cunha serie de circunstancias que non favorecen ao sector e os lucenses debemos ser moi sensibles ante este tema, xa que somos os primeiros produtores de leite de España, polo que se lle vai mal a provincia aínda o pasará peor”, afirmou.

O Alcalde pediu á cidadanía de Lugo que comprendan as molestias que poida ocasionar a folga que se está a desenvolver dende o pasado luns na cidade, xa que se están a defender postos de traballo, explotacións familiares e un sector clave na economía da provincia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova