Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reparte 24.000 embudos que permitirán a reciclaxe de aceite de uso doméstico para a súa reutilización


# Xoves, 16/07/2009
* O Concelleiro de Medio Ambiente presentou o Plan de Recollida de Aceites na Praza de Abastos onde entregou os primeiros embudos aos comerciantes

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

* Os cidadáns de Lugo poderán obter os embudos no Concello e nos supermercados adheridos ao plan

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino Dopeso, presentou hoxe o Plan de Recollida de Aceites na Praza de Abastos de Lugo. O Concello reparte a partir de hoxe 24.000 embudos para que os cidadáns depositen o aceite de cociña utilizado nos contedores habilitados nos supermercados e que este poida ser reutilizado.

O Concelleiro explicou que se adquiriron 70 colectores, de 240 litros de capacidade cada un, que o Concello de Lugo ubicará en preto de 30 supermercados de toda a cidade, incluíndo áreas comerciais e a praza de abastos municipal. As cadeas que decidiron participar no proxecto foron Carrefour, Carrefour Express, Eroski, Econsum, Cemar, Lidl e Froiz.

A Concellería de Medio Ambiente facilitará a partir de hoxe de maneira gratuíta 24.000 embudos aos veciños e veciñas que os soliciten no Concello ou nalgún dos centros adheridos ao Plan. Segundo o Concelleiro, estes embudos están adaptados ás botellas de refresco grandes e de plástico que teñan paso de rosca normativizado nas que poderán gardar o aceite usado.

Lino Dopeso explicou o procedemento para reciclar o aceite de uso doméstico. Indicou que se o aceite se tira polo desaugue se provocan malos olores e atascos nas tuberías, orixinando a contaminación das nosas augas, o que afecta negativamente ao traballo das depuradoras e dificulta a reutilización da auga.

O aceite reciclado pódese reutilizar para a fabricación de biodiesel, un biocarburante con baixas emisións de CO2. Por cada litro de aceite tratado obtense case un litro de biodiesel.

Cómo reciclar?
Tal e como explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, para levar a cabo a reciclaxe o primeiro que hai que facer é deixar enfriar o aceite. A continuación terá que coller o embudo que o Concello de Lugo repartiu nos centros comerciais da cidade e enroscalo nunha botella de plástico.

De seguido deberá abrilo presionando a lingüeta que hai na súa parte superior, colocar o tapón da botella na tapa interior do embudo e verter o aceite frío na botella. Unha vez realizados estes pasos, terá que pechar o embudo e esperar a encher a botella para levala a algún dos 40 colectores que o Concello repartirá pola cidade. Unha vez que a botella estea chea, haberá que retirar o embudo e poñerlle o tapón para depositala nos colectores.

A empresa PMA (Protección Medio Ambiental) vaise encargar da recollida do aceite con coste cero para a administración local e, polo tanto, para os lucenses.

O obxectivo é facilitar á cidadanía unha forma ecolóxica e non contaminante para desfacerse do aceite usado, un gran contaminante da auga ao formar unha película de grasa na superficie e que dificulta enormemente o seu proceso de depuración.

O Concelleiro pediu aos lucenses a súa colaboración neste proceso e reducir así ao mínimo os danos medioambientais que producen o desfacerse do aceite mediante os desagues. Para dar a coñecer o novo plan, ademais do reparto de embudos, o Concello editou dípticos e colocou carteis informativos en todas as superficies que participan no proxecto.

Locais e direccións dos centros con contenedores

  • CARREFOUR - CARRETERA N-VI KM 501,600 ( 2 contenedores )
  • CARREFOUR EXPRESS- MONTERIO RIOS S/N ( 1 contenedor )
  • EROSKI - AVDA. Infanta Elena Duquesa de Lugo, (C. Cial. AS TERMAS) ( 2 contenedores )
  • EROSKI - CAMIÑO REAL 137 ( 1 contenedor )
  • EROSKI - AVDA CORUÑA 66 ( 1 contenedor )
  • EROSKI - NOVO FREIRE 6 ( 1 contenedor )
  • EROSKI - MILAGROSA 98 ( 1 contenedor )
  • ECONSUM - CAMIÑO REAL 137 ( 1 contenedor )
  • ECONSUM - CAMIÑO REAL 137 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - CAMIÑO REAL 72 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - CATASOL 25 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - CEDRON DEL VALLE 3 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - DR GASALLA 3 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - HNOS CARRO 13 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - LAMAS DE PRADO 168 ( 1 contenedor )
  • CEMAR - MARINA ESPAÑOLA 21 ( 1 contenedor )
  • FROIZ - AVDA CORUÑA 238 ( 1 contenedor )
  • FROIZ - POETA CABANILLAS 4 ( 1 contenedor )

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova