Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía participou na entrega de diplomas aos 60 participantes en catro accións formativas do plan FIP


# Xoves, 16/07/2009
O obxectivo do Concello é proporcionar ás persoas en situación de desemprego as cualificacións requiridas polo sistema produtivo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou na entrega de diplomas aos participantes en catro das seis accións formativas de plan FIP (Formación para a Inserción Profesional) dirixidas a persoas en situación de desemprego, que impartiu o Concello de Lugo a través dunha subvención de 285.000 euros da Consellería de Traballo.

Méndez entregou os diplomas aos 60 participantes nos seguintes cursos:

* AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, de 465 horas de duración. Desta especialidade impartíronse 3 cursos. (Permite o acceso á obtención do Certificado de Profesionalidade na especialidade).

* AXENTE DE INNOVACIÓN, de 200 horas. (Acción Experimental)

Estes cursos impartíronse entre os meses de xuño e decembro do 2008 para persoas inscritas nunha oficina do servizo público de emprego como demandantes de emprego e que cumpriran cos requisitos de acceso do alumno que figuraban no programa de cada acción formativa.

Os participantes tiveron a posibilidade de realización de prácticas en empresas unha vez rematada a acción formativa. Os alumnos que estiveron becados cunha axuda de 6 € por día de asistencia ao curso, durante o período de prácticas en empresas a axuda foi de 10 € por día laboral. Ademais, todas estas accións formativas incluíron un módulo de formación para a igualdade, e outro sobre a creación dunha empresa.

Os coñecementos adquiridos polos asistentes aos cursos resultan fundamentais para traballar nos sectores económicos que xurdiron nos últimos anos. Estes sectores xeran un amplo abano de novas ocupacións e novas oportunidades de emprego e de negocios.

Dende o Concello de Lugo trátase de detectar e divulgar os cambios no mundo do traballo e orientar e capacitar as persoas con inquedanzas profesionais en todo o que se refire ás novas oportunidades de emprego e aos sectores económicos emerxentes.

O Goberno Local cree firmemente na súa obriga de proporcionar máis e mellores oportunidades para todos os cidadáns e, por iso, recúrrese ao Plan FIP, no que se inclúen as accións formativas que teñen por obxecto proporcionarlles ós traballadores desempregados as cualificacións requiridas polo sistema produtivo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova